Como ven sendo xa case unha tradición, o pasado sábado 23 de agosto Amizade organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as no piñeiral da praia de Montalvo.


Sobre as 12:00 foron chegando os primeiros asistentes, que foron compartindo experiencias e preparando as mesas para o xantar.

A comida estivo animada e permitiu que todos e todas gozaramos da boa e agradable compañía e dun contorno natural tan peculiar.

Pola tarde tiveron lugar varias actividades paralelas; algunhas persoas aproveitaron para descansar tranquilamente, outras xogaron ao xadrez, ás cartas e/ou pelota, outras foron pasear e algúns aproveitaron para gozar do mar e da area da praia.

Nesta ocasión, ao redor de 35 persoas puideron gozar dunha xornada de lecer que seguro que se seguirá repetindo en vindeiros anos. Sobre ás 19:00h recolleuse todo e cada un/unha regresou á súa casa.

Contouse novamente coa colaboración voluntaria de varias persoas que se encargaron de trasladar as mesas, colocalas e recollelas, axudar a quen o precisaba, reservar o sitio a primeira hora da mañá, etc. Sempre hai que valorar e agradecer estas colaboracións voluntarias, sen as cales non sería posible organizar este tipo de actividades.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies