Desgravacións fiscais

(Ser socio/a ou doante de Amizade dá dereito a deducir as doazóns na declaración da renda)

 

Persoas físicas (IRPF)

  • Ata 150€ a desgravación aplicada sería do 80%. É dicir, por unha doazón de 150€ desgrávanse 120,00€ na declaración dese ano.
  • A partir de 150€, desgravarase o 35% no caso de ser a primeira doazón e o 40% se xa se ten doado en dous exercicios anteriores por un importe igual ou superior, en cada ano, ao do exercicio anterior. É dicir, unha doazón de 500€ suporía desgravarse na declaración dese ano un total de 242,50€ (120,00€ polos primeiros 150€, e 122,50€ polo resto) en caso de ser unha primeira doazón; e un total de 260€ (120,00€ polos primeiros 150€, e 140,00€ polo resto) no segundo caso.

Persoas xurídicas (IS)

  • A desgravación na declaración dese ano sería do 35% no caso de ter doado unicamente nese ano e do 40% se xa se ten doado nos dous exercicios anteriores. Por exemplo, unha doazón de 500€ nun ano desgravaría 175€ no caso de ser a primeira doazón, e desgravaría 200€ se xa tivera doado a Amizade nos dous anos anteriores.

Información a ter en conta

Para que Amizade poida informar á Axencia Tributaria do importe das doazóns realizadas resulta imprescindible facilitar os seguintes datos: o DNI ou NIF e o domicilio ao realizar a doazón, ou nun momento posterior pero antes de que remate o ano no que se produciu esa doazón.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies