04/10/21 | Noticias, Sensibilización
A pasada semana a asociación Amizade e o CAB Baloncesto Pontevedra asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de colaborar entre as entidades para o fomento de actuacións de mutuo enriquecemento e desenvolvemento, tales como a promoción do deporte adaptado ou a concienciación social sobre a discapacidade.
10/09/21 | Sensibilización

Dende o pasado 13 de Xullo ata o 10 de Setembro, compartimos 4 historias de socias de Amizade co obxectivo de facer concienciación do impacto da educación inclusiva na escola.
Jessica Casais, Ignacio Carballo, Juan Gabriel García e Sandra Hermida achegáronnos así a historia da súa traxectoria educativa, os apoios e dificultades cos que se atoparon e as recomendacións que farían a toda a comunidade educativa.
Despois deste ciclo de entrevistas, podemos concluir que a inclusión vai dende a adaptación de espazos, medios e materiais ata favorecer a participación en patios, excursións e cafeterías. Nos colexios apréndese moito máis que contidos teóricos, é unha aproximación do mundo no que van vivir.
Se queredes ver estas interesantes entrevistas, non dubidedes en achegarnos ao noso facebook!
13/08/20 | Incidencia política, Noticias, Sensibilización

O presidente da Asociación Amizade Paulo Fontán, reúnese co Partido Popular de Pontevedra, despois de facelo previamente cos grupos do PSOE e BNG, para mostrarlles o seu rexeitamento á posibilidade de limitar o tempo de uso das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida.
Dende Amizade enténdese que instaurar unha limitación no tempo de uso das prazas reservadas provocaría unha serie de prexuízos para todas as persoas que usan diariamente unha praza reservada como método para acurtar as distancias de desprazamento, mellorando así as súas posibilidades de integración social e laboral.
15/05/20 | Sensibilización
Este ano, co motivo do COVID-19, non poderemos levar a cabo a V Xornada Multideportiva Adaptada, polo que subimos un video recordatorio das anteriores xornadas para quen non as coñeza.
Estas xornadas, teñen por obxectivo xeral dar a coñecer algúns dos deportes adaptados (como poden ser boccia, golf, goalball, tenis de mesa, slalom, entre outros) e promover os beneficios da práctica deportiva entre a sociedade en xeral e nas persoas con discapacidade en particular.
Trátase en resumo, de ofrecer unha ampla oferta deportiva e lúdica ao longo dunha xornada que permita a calquera persoa coñecer e practicar os deportes adaptados.