28/10/22 | Noticias, Sin categoría
Unha vez máis, a Obra Social de La Caixa presta a súa colaboración para o mantemento das actividades e servizos desenvolvidos pola asociación AMIZADE.
No ano 2022 a aportación de 5.000€ permitiu manter a prestación de servizos como o de atención logopédica ou o de fisioterapia a uns prezos reducidos para as persoas socias, así como contribuir ao financiamento doutras actividades da asociación.
AMIZADE agradece novamente, e quere poñer en valor, o compromiso continuo desta obra social coas necesidades das persoas con discapacidade.

27/12/21 | Noticias, Sin categoría
Máis de 76 persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial e/ou mixta da comarca de Pontevedra participaron durante o ano 2021 no proxecto “Coordinación do servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión de persoas con discapacidade” executado pola asociación Amizade.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimiento pormenorizado durante todo o proceso.

10/01/17 | Noticias, Sin categoría
As instalacións de Soluciona Grupo EMS en Santiago de Compostela (Polígono de Costa Vella) acolleron o acto de presentación do programa “+Mobilidade”, un conxunto de actividades formativas e talleres que van informar sobre as últimas novidades de axudas técnicas para a mobilidade persoal.
O presidente de Amizade puido asistir a unha ampla explicación do programa e do funcionamento de diversas axudas técnicas, así como afondar na posibilidade de realizar unha xornada informativa na cidade de Pontevedra.
28/12/16 | Sin categoría
Chega o último boletín deste ano 2014. Un ano no que a Asociación Amizade continuou traballando para ofrecer servizos a todas as persoas socias.
Neste boletín pódese encontrar unha reflexión sobre a solidariedade e a caridade, diversa información sobre actividades desenvolvidas, algúns datos sobre a poliomelite, a historia de Amy Purdy, e outras cuestións de interese. Disfrutádeo.
Ver boletín