Saída de ocio: Roteiro guiado por Vigo

O pasado 13 de Xuño, persoas socias de Amizade visitamos á cidade olívica para desfrutar dun pequeno roteiro guiado da man de Piratas de Nabia.

Ao finalizar, achegámonos ao restaurante Nabia para o xantar, que incluía degustación de mexilóns ao vapor e polbo á feira.

Na sobremesa, un grupiño decidiu ir ata a Alameda para tomar un xeado mentras os demais desfrutaron dun tempiño libre pola zona.

Esta saida foi posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra no marco do programa +Convivencia 2026.

 

 

Campionato Galego de Trail-O

O día 23 de agosto tivo lugar o campionato galego de TRAIL-O, que se celebrou na contorna do Mirador de Monteporreiro, en Pontevedra.
Varias persoas socias de Amizade participaron neste campionato dentro da categoría de “Iniciación”, que presentaba un menor nivel de dificultade que na categoría “Open”.
Resultou unha experiencia interesante, que permitiu constatar que a modalidade de orientación TRAIL-O constitúe unha opción accesible e inclusiva para que as persoas con mobilidade reducida poidan practicar este deporte.
A receptividade manifestada polas persoas socias de Amizade, así como a colaboración co club Aromon, provocou que ambas entidades pensen en organizar conxuntamente varias probas de TRAIL-O durante o ano 2026. Disto irase informando no seu momento.
A asociación Amizade anima ás persoas con mobilidade reducida a que se animen a probar este deporte.
Se alguén ten interese en recibir máis información, que se poña en contacto con nós.

Xornada de ocio náutico: Ruta do Polbo en Cangas

En Xullo, Amizade organizou unha saída de ocio nautico pola Ría de Vigo.
Contamos con 2 autobuses que nos achegaron ata Cangas, e alí as persoas socias desfrutaron dunha ruta en catamarán para coñecer un dos productos locais máis coñecidos da Ría: o polbo.

A accesibilidade é un aspecto fundamental no plantexamento das saídas de ocio da entidade, xa que somos conscientes de que gran parte da nosa base social ve limitadas as súas oportunidades de lecer debido a este aspecto.

Agradecer ao programa «+Convivencia» da Deputación de Pontevedra, o cal fixo posible a materialización desta saída.

 

 

 

 

Xornada de iniciación ao Trail O

O Clube Aromon xunto coa asociación Amizade, organizaron este domingo unha xornada de Trail-O, a modalidade competitiva de Orientación adaptada para personas con movilidad reducida.

Celebrouse na contorna da Illa das Esculturas e consistiu en completar un percorrido con 8 puntos de decisión e 1 punto cronometrado, que servía para desempatar. 

Esta xornada serviu como toma de contacto para o Campeonato Galego que terá lugar tamén en Pontevedra o vindeiro 23 de Agosto.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies