XXXIII Asamblea Xeral Ordinaria de persoas socias de Amizade

O pasado 18 de abril celebramos a nosa Asemblea de Socias, un encontro moi importante para a entidade no que compartimos o traballo realizado durante o último ano e as liñas de actuación para o futuro.

Durante a sesión aprobáronse tanto a memoria de actividades como a memoria económica correspondentes ao ano 2025, facendo balance do traballo desenvolvido e dos obxectivos acadados grazas á implicación de todas as persoas que forman parte da asociación.

Así mesmo, presentouse e aprobouse a planificación de actividades para o ano 2026, na que continuaremos impulsando novas iniciativas, proxectos e espazos de participación para seguir medrando xuntas/os.

Tras a asemblea, gozamos dunha actuación cultural e musical de Antón Ké grazas ao programa Culturea da Diputación de Pontevedra.

A celebración rematou cun xantar de confraternización, un espazo de encontro e convivencia no que puidemos seguir compartindo experiencias, ideas e bos momentos entre todas as persoas asistentes.

XXXII Asamblea Xeral Ordinaria de persoas socias de Amizade

O 10 de Maio Amizade celebrou a XXXII Asamblea Xeral de persoas socias da entidade.

Na mesma, déronse conta das actividades e balance de contas do ano anterior así como a planificación para o presente ano.

Despois da asamblea contouse coa actuación do mago Rey Midas, por medio do programa culturea da Deputación de Pontevedra.

 

Un ano mais, quedámonos co fermoso de compartir no espazo do xantar, rodeados de persoas con experiencias e moitas anécdotas que contar.

XXXI Asamblea Xeral de persoas socias de Amizade

O 20 de Abril celebrouse a XXXI Asamblea Xeral de persoas socias de Amizade.

Neste encontro tívose ocasión de informar ás persoas socias de Amizade das actividades realizadas no 2023, do informe económico dese mesmo ano e de plantexar a planificación de cara este 2024. Durante a reunión dase marxe para que as persoas socias poidan participar, preguntar ou suxerir o que consideren oportuno.

Na segunda parte da mañá, deuse paso á lectura e rectificación dos estatutos de Amizade para poder actualizalos de acordo coas novas necesidades plantexadas durante estos últimos anos.

Esta reunión con posterior xantar, é a oportunidade idónea para que as persoas socias se coñezan, se sintan parte e, moi importante, tezan rede!

 

 

XXX Asamblea Xeral Ordinaria e XVI Asamblea Extraordinaria de Amizade

O sábado día 29 de Abril de 2023 celebrouse a XXX Asemblea Xeral da asociación Amizade, na casa rural Campaniola en Campañó.

A Xunta Directiva expuxo o traballo feito durante o exercizo do 2022, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade das socias e socios presentes.

Falouse tamén do programa de actividades para o ano 2023, destacando a continuidade das actividades e servizos prestados ata o de agora. En canto ao servizo AMISERPRE, a modificación que se traslada é que se deixará de contar coa furgoneta de préstamo debido a pouca demanda que tivo e os gastos que segue a xerar todos os anos.

Despois da aprobación da asamblea ordinaria, propúxose na asamblea extraordinaria a nova Xunta Directiva, incorporando a César Maquieira como vogal.

 

Despois da aprobación de ambas asambleas sen ningún comentario ou proposta por parte das persoas participantes, pasamos a desfrutar da comida na que máis de 40 persoas puidemos compartir as nosas experiencias e opinións mentres que desfrutabamos da música que amenizou o xantar.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies