Proxecto Rehabilitación funcional 2022
Grazas á colaboración e opoio da Deputación de Pontevedra podemos continuar co programa de Rehabilitación Funcional que vimos levando a cabo na Asociación Amizade nos últimos anos.
A través deste programa podemos ofertar o servizo de fisioterapia en diferentes empresas a usuarios posibilitando unha mellora do mantemento físico e autonomía persoal. Cada ano este servizo chega a máis persoas con discapacidade constatando deste xeito o éxito do funcionamento do programa.