Ocio e tempo libre
As actividades de ocio e tempo libre véñense desenvolvendo pola asociación dende o seu nacemento. Favorecen a integración na comunidade das persoas con discapacidade a través da participación social á vez que melloran as relacións interpersoais.
Dentro do Ocio e tempo libre, contemplamos actividades como: visitas a lugares de interese (museos, bodegas,…), asistencia a espectáculos deportivos, xantares, ceas, visitas a espazos naturais (parque natural Complexo Dunar de Corrubedo, Illas Cíes,…), diversas xornadas de pesca, visitas as cidades galegas (Coruña, O Grove, Baiona, etc), paseos en catamarán polas rías…
Tamén incluimos dentro de este apartado, o obradoiro de Ocio que se leva a cabo nas instalacións de Amizade os venres de tarde, facendo diversas actividades como saídas á contorna comunitaria e outras actividades complementarias.
Por último, destacamos tamén as actividades deportivas inclusivas que se levan a cabo como Taekwondo, Ximnasio e Pádel.