O programa de atención integral para persoas con discapacidade, financiado co 0,7% do IRPF, impulsa a inclusión na comarca

O Programa de Atención Integral para Persoas con Discapacidade continúa a ser un recurso fundamental para mellorar a calidade de vida das persoas participantes e das súas familias.

Grazas á financiación procedente do 0,7% do IRPF, a través da X Solidaria, desenvólvense actuacións orientadas a promover a autonomía persoal, a inclusión social e a participación activa na comunidade.

O programa ofrece servizos de información e orientación, acompañamento social e actividades de lecer inclusivo entre outras, beneficiando a un número significativo de persoas con discapacidade da contorna.

Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron a casilla 106 “Actividades consideradas de interese social” e á xestión de COGAMI.

Liga Local de TRAIL-O organizada por Aromon e a asociación Amizade

A Asociación AMIZADE celebrou o pasado domingo 10 de Maio a primeira proba da liga local de TRAIL-O, organizada en colaboración co club Aromon, na contorna do Miradoiro de Monteporreiro.

O TRAIL-O é unha modalidade do deporte de orientación na que non se valora tanto a velocidade senon o pensamento, análise e interpretación dos mapas. E sobre todo, permite que poida ser practicada por persoas con mobilidade reducida, xa que se desenvolve ao longo dun itinerario accesible.

A xornada contou con 20 desafíos e unha proba final cronometrada para desempatar, sendo a primeira das tres probas previstas antes de finalizar o ano.

Desde AMIZADE e Aromon animan a toda a cidadanía, con e sen discapacidade, a achegarse e descubrir este deporte inclusivo, agradecendo tamén a colaboración do Concello de Pontevedra polo seu apoio na organización destas actividades.

Colaboración da Obra Social LaCaixa no ano 2025


Durante o ano 2025 as persoas socias de amizade puideron seguir accedendo aos servizos de fisioterapia, logopedia, psicoloxía e ximnasio grazas ao apoio e colaboración da Obra Social LaCaixa.

Estos servizos son imprescindibles para que as persoas con discapacidade da comarca poidan manter e/ou mellorar o seu estado físico e emocional.

Colaboración da Deputación de Pontevedra no ano 2025


Durante o ano 2025, o servizo de rehabilitación funcional puido continuar desenvolvendo a súa actividade grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra, cuxa colaboración resulta fundamental para garantir a continuidade desta atención especializada.

Este servizo ten como obxectivo principal mellorar e/ou manter o estado físico das persoas con discapacidade, contribuíndo á prevención de deterioros funcionais e á mellora da súa calidade de vida. A atención realízase sempre coa intervención directa de profesionais da fisioterapia, adaptando os tratamentos ás necesidades individuais de cada persoa usuaria.

Desde Amizade mantéñense vixentes diversos convenios de colaboración con centros de fisioterapia da contorna, o que permite facilitar o acceso a este servizo ás persoas socias da entidade. Deste xeito, a asociación continúa traballando para promover a autonomía persoal, o benestar físico e a inclusión social das persoas con discapacidade, reforzando o seu compromiso cunha atención integral e de calidade.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies