Aviso legal
Titular da web e datos de contacto
http://www.asociacionamizade.org/web/ é un dominio en Internet titularidade de Amizade, Asociación de Persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra (en adiante, Amizade) con CIF/ G36053445 e domicilio na R/ALEMAÑA, 23 BAIXOS, 36162 PONTEVEDRA e inscrita no Rexistro Xeral de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais co NUM. E-905.
A finalidade da web é dar a coñecer as nosas actividades e servizos.
Pode poñerse en contacto con nós a través de:
- Teléfono, no número: 986 84 52 50
- Correo electrónico, escribindo a: amizade@asociacionamizade.org
- Escrito, dirixíndose a Amizade, R/ALEMAÑA, 23 BAIXOS, 36162 PONTEVEDRA
Para calquera aclaración ou dúbida por favor non dubiden en contactar con Amizade. .
Condicións de uso da web
As presentes condicións de uso regulan o acceso a esta web por parte das persoas usuarias de Internet. Polo mero feito de empregar esta web, a persoa usuaria manifesta a súa aceptación sen reservas das presentes condicións de uso.
Amizade resérvase o dereito unilateral de modificar as presentes condicións de acceso á web, así como os contidos nela incluídos.
Limitación e exclusión de responsabilidade
A persoa usuaria exonera a Amizade de calquera responsabilidade que puidera derivarse das interrupcións de dispoñibilidade da páxina web, xa sexa por mal funcionamento do servidor web ou de aplicacións, das infraestruturas de comunicacións, ou do software e hardware utilizados para a navegación.
No caso de incluír enlaces a outras páxinas web, Amizade declina calquera responsabilidade relacionada co acceso e utilización de ditos enlaces.
Propiedade intelectual e industrial
A totalidade desta web atópase protexida polas leis sobre propiedade Intelectual e Industrial. Salvo que se indique o contrario, os dereitos de propiedade intelectual sobre estes contidos corresponden en exclusiva a Amizade. A persoa usuaria recoñece que o uso dos contidos queda estritamente limitado a finalidades persoais da propia persoa usuaria e que a reprodución, distribución, comunicación ou transformación non expresamente autorizada de tales obras constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.
Así mesmo, a persoa usuaria absterase de empregar os contidos e, en particular, a información de calquera clase obtida a través da web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venta directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluralidade de persoas con independencia de súa finalidade. Tamén se absterá de comercializar ou divulgar de calquera modo dita información.
Política para enlazar a esta web
Se calquera persoa usuaria, entidade ou páxina web desexara establecer algún tipo de enlace con destino a esta web deberá solicitar autorización previa á realización do enlace, e por escrito.
En ningún caso, salvo autorización expresa e por escrito de Amizade, a páxina que realice o enlace poderá reproducir de calquera maneira a web de Amizade, incluíla como parte de súa web ou dentro dun dos seus marcos sobre calquera das páxinas ou contidos da presente web.
Non se incluirá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre as páxinas de esta web ou os servizos que nela se ofrecen.
Baixo ningunha circunstancia, Amizade será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o hiperenlace nin das informacións ou manifestacións incluídas nas mesmas.
Cookies
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para diversas finalidades incluíndo analíticas e publicidade adaptada aos intereses da persoa usuaria. O mero uso desta web coas cookies activadas no navegador implica a aceptación de seu tratamento conforme a nosa política de cookies.
Lea detidamente a nosa política de cookies para coñecer os tipos de cookies empregados, e como bloquealas e borralas no seu navegador.
Prevalencia da versión galega
No caso de que se traduza este aviso legal a outros idiomas, cando haxa discrepancia, a versión galega prevalecerá.