A Lei de Promoción da Autonomía Persoal e atención ás Persoas en situación de Dependencia (Lei 39/2006) creou un dereito subxectivo que inauguraba unha nova forma de concibir e aplicar as políticas socias, pero que co paso do tempo foi frustrando as expectativas creadas, sobre todo coa regulación da capacidade e2conómica e a participación no custo das prestacións por parte das persoas beneficia-rias: o “COPAGO”.

Consciente de que este Copago en lugar de invitar a exer-cer o dereito, expulsaba a moitas persoas do sistema (polo gravoso do seus requirimentos en materia de achega eco-nómica), o CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), iniciou unha campaña de recollida de sinaturas co obxecto de presentar unha Proposición de Lei (a través dunha Iniciativa Lexislati-va Popular) para modificar a Lei 39/2006, en materia de participación no curso das prestacións e servizos das persoas beneficiarias.

A Asociación Amizade coincide completamente co plantexamen-to do CERMI, polo que os días 11 e 18 de xuño, na contorna da praza da Peregrina de Pontevedra, procedeu á recollida de sina-turas que apoiaran esta iniciativa lexislativa.

Concretamente a proposta de modificación son en relación ao artigo 14, no que se solicita que para o cálculo da capacidade económica, ademais da renda e o patrimonio do solicitante, se teña en conta tamén o momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior ou menor prolongación ao longo da vida da persoa. E en relación ao artigo 33, basicamente se propón aumentar o mínimo exento por debaixo do cal os beneficiarios non terían que copagar, que en ningún caso a participación do beneficiario superará o 60 por cento do custo do servizo, e garantir á persoa beneficiaria unha cantidade mínima para gastos persoais que será do 40 por cento do IPREM correspondente.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies