Moitos pais e nais queremos que os nosos fillos/as vivan nun mundo onde a integración sexa unha realidade, por iso unha boa forma de comezar esta tarefa é falar aos máis pequenos/as sobre a discapacidade de forma clara e sinxela.

O fundamental para que o neno/a acep-te ás persoas con discapacidade tal como son, é a actitude dos pais/nais. Para os nosos fillos/as nós somos o seu modelo de conducta, así que se nos relacionamos con total normalidade ante as persoas con discapacidade, os ne-nos/as terán iso como a referencia axeitada.

Isto significa mandar mensaxes claras de aceptación tanto verbal como non ver-balmente cando vemos ou nos relacionamos con alguen con discapacidade.

Os termos que utilizamos ao falar da discapacidade tamén son importantes. Hai que intentar evitar palabras en desuso e peiorativas.

É bo transmitir ao neno/a algunhas ideas claras sobre o mundo no que vivimos, como que todas as personas somos distintas mais temos moitas cousas en co-mún: sentimentos, ilusións, metas,…As diferenzas non son malas, se non que nos enriquecen e complementan.

A aceptación real da discapacidade pasa polo respecto cara á diversidade. O neno/a non debe sentir lástima pola persoa con discapacidade, senón respecto aprendendo a valorar non só os logros das personas se non o esforzo por conse-guir as cousas e o valor que iso representa. Cada persoa ten unhas habilidades e preferencias diferentes.

Existen na actualidade multitude de recursos que explican aos nenos/as a disca-pacidade desde debuxos animados, contos, actividades, etc. Por exemplo a Fun-dación Adecco realizou “Diferentes” un libro de actividades para nenos/as de 4 a 8 anos, onde de forma lúdica se trata o tema da diversidade. Ou a Fundación Once ten distintos contos on-line. Moitos dos capítulos da serie de debuxos ani-mados Caillou, tamén falan da discapacidade sempre cunha mensaxe moi positi-va. Tan só algúns dos exemplos…

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies