O sábado día 30 de Maio de 2020 tivo lugar a celebración da XXVII Asemblea Xeral da asociación Amizade. Nesta ocasión, por motivo do COVID19 se celebrou por videoconferencia.
En dita reunión, a Xunta Directiva fixo un repaso do balance económico do ano 2019 e deu conta das actividades e servizos levados a cabo durante o ano. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.
Tamén se presentou o programa de actividades para o ano 2020 co afán de continuar cos servizos e actividades levados a cabo ata o momento. A asemblea da entidade decidiu aprobar por unanimidade o programa de actividades.