O sábado 26 de abril celebrouse a XXI Asemblea Xeral de Amizade. Nesta ocasión, tivo lugar na Casa de cultura de Lérez, ás 11:30h, asístindo un total de 21 persoas socias.

Nela, a Xunta Directiva deu conta do acontecido durante o ano 2013; presentou a memoria das actividades e obradoiros desenvolvidos ao longo de todo o ano e fixo unha descrición do informe económico, é dicir, de onde se conseguiron os cartos (administración públicas, empresas privadas, cotas de socias,…) e onde se investiron (monitores, materiais, , saídas de ocio,…).

Tamén se comentou a proposta de actividades a desenvolver durante o ano 2014, xunto co orzamento que se estima que sería necesario para pódelas levar a cabo.

Tanto o informe de Xestión do ano 2013 (que incluíu o económico e o de actividades) como o Programa de actividades do ano 2014 foron aprobados por unanimidade de todos os socios e socias presentes. Na orde do día tamén se incluíu un punto sobre a renovación da composición da Xunta Directiva, da que saiu Juaquín Pesqueira e entraron tres novas persoas: Jorge Esperón, Teresa Ballesteros e Sergio Oubiña.

Para finalizar a asamblea proxectouse o vídeo que se realizara como conmemoración dos 25 anos da asociación e a continuación tivo lugar un pequeño concerto de música tradicional a cargo da Asociación de gaiteiros Rías Baixas.

E despois de todo isto, púidose gozar dun xantar en boa compañía.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies