O pasado 25 de Xaneiro o Clube de Montañeiros AROMON de Pontevedra ofreceu unha charla a persoas socias de Amizade sobre a modalidade do deporte de orientación para persoas con mobilidade reducida denormidado: Trail-O.
Este deporte enfócase na precisión e o razoamento. As persoas participantes deben identificar puntos de control no terreo a través de mapas detallados.
Despois de esta charla informativa, un pequeno grupo de Amizade apuntouse á xornada de proba realizada dentro do programa «noites abertas», adquirindo maior coñecemento sobre esta modalidade deportiva e podendo poñela en práctica.