O pasado sábado, 30 de Setembro, Amizade organizou unha Xornada de Pesca e un paseo pola ría de Pontevedra que contou coa colaboración do Club Minauta, quen foi quen facilitou a embarcación.
Organizáronse varios paseos polo río desde o peirao das Corbaceiras e foise río arriba ata a estación de bombeo, e volta ao lugar de partida. Trátase dunha actividade que esperta grande interese entre as persoas con mobilidade reducida (en especial, as usuarias de cadeira de rodas) polo feito de que non soen ter oportunidade de gozar do transporte marítimo debido a escasa accesibilidade coa que contan peiraos e embarcacións.
Ao tempo no peirao de Corbaceiras, á beira do edificio sede do Gremio de Mareantes, varias persoas puideron desfrutar da Xornada de Pesca para a cal a Asociación Amizade contou coa colaboración de varias persoas con experiencia na pesca que se ofreceron a prestar a súa axuda en todo o referente á preparación do material necesario e que supervisaron a actividade xunto cós/as coordinadores/as da asociación.
Posteriormente, os/as asistentes á xornada foron xantar ao Restaurante do Pazo da Cultura onde puideron continuar compartindo experiencias.