O venres 18 de Setembro realizamos unha saída que comezou cunha visita ás instalacións de Cervexa Nasa, da man de Lois e Víctor, que nos achegaron ao proceso de elaboración das súas cervexas e nos ofreceron unha interesante cata. A xornada completouse cunha cea no Restaurante Nasantiña, nun ambiente de encontro e convivencia.

Desde a entidade queremos expresar o noso agradecemento a Lois e Víctor pola súa hospitalidade, atención e disposición.

A música foi tamén unha parte fundamental desta xornada. O cantautor Miguel Cerqueira acompañounos ao final da tarde cunha actuación que serviu de transición cara á noite.

Esta actuación musical contou co financiamento do programa Culturea da Deputación de Pontevedra, ao que agradecemos o seu apoio e compromiso coa promoción da cultura e coa dinamización das actividades culturais no territorio.

Desde a entidade valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas, que favorecen o encontro, a participación e a posta en valor da cultura, da gastronomía e do tecido local.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies