No día 4 de Outubro a asociación Amizade levou a cabo unha actividade de ocio e tempo libre consistente nunha pequena ruta en KAIAK por Portonovo.
Despois de organizar aos participantes e facer os preparativos coas embarcacións, o inicio da ruta tivo lugar ás 12:00h, saíndo desde a propia praia de Silgar e facendo un pequeno paseo polas inmediacións. Tivo unha duración aproximada de unha hora na que os participantes puideron gozar dunha experiencia diferente, non sen volver a constatar as dificultades que existen para que as persoas con discapacidade poidan realizar este tipo de actividades (así como moitas outras).
Aínda contando coa colaboración de varias persoas voluntarias, o proceso de mobilización para situarse nos kaiak non estivo exento de dificultades, así como a propia estabilidade da embarcación sobre todo para persoas con máis dificultade de mobilidade. A experiencia serviu para detectar melloras de cara a futuras posibles edicións.
AMIZADE quere agradecer a colaboración do Club de Piragüismo de Portonovo sen o cal a actividade non podería terse realizado; aportaron o material, a súa experiencia e a colaboración de varias persoas durante a propia ruta.