O pasado 27 de Setembro, Paulo Fontán (presidente da asociación) e Jorge Esperón (tesoureiro), reuníronse co alcalde de Poio Ángel Moldes.

A reunión serviu para que se producira a presentación oficial entre o novo alcalde e a asociación e obtívose o compromiso asumido por ambas partes de manter un diálogo fluído e unha colaboración constante para evitar que no futuro se produzan situacións de discriminación por falta de accesibilidade, así como ir solucionando paulatinamente aquelas cuestións que son susceptibles de mellora.

Máis no concreto, na reunión abordáronse cuestións relativas á accesibilidade (estudando a posibilidade de aprobar unha ordenanza municipal de accesibilidade, instando aos técnicos municipais a ser máis esixentes no outorgamento de licenzas para locais de uso público que non cumpran a normativa, a ampliación da oferta de baños públicos accesibles, garantir a accesibilidade aos eventos culturais e festivos, ou citar dificultades concretas en puntos localizados do Concello), cuestións relativas ao transporte (correcta sinalización e deseño das marquesiñas, o cumprimento da reserva de taxis adaptados ou o deseño e localización das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida), da situación do emprego público e a reserva de postos para persoas con discapacidade, a incorporación de cláusulas sociais nas diferentes licitacións de contratos públicos de obras ou servizos, etc.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies