Xa a propia constitución española establece que todas as persoas son iguais ante a lei, sen que poida existir discriminación podo calquera circunstancia persoa ou social. E tamén di que corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade da persoa sexan reais e efectivos, removendo os obstáculos que impidan a súa plenitude e facilitando a participación de todas as persoas na vida política, económica, cultural e social.

Case corenta anos despois téñense aprobado diversas normativas encamiñadas a que deixe de existir discriminación pero o certo é que aínda queda moito camiño por recorrer para conseguir unha igualdade real.

Un exemplo claro disto é o que se pode apreciar na oficina do servizo de consumo de Pontevedra, que está situada nun primeiro andar e que non conta con ascensor, polo que se imposibilita o seu uso por unha grande parte da poboación, constituíndo unha discriminación que exerce a administración que en teoría ten que evitar que se produzan.

Xa no ano 2012 Amizade evidenciou publicamente esta situación, que foi recollida amplamente polos medios de comunicación. Cinco anos despois non cambiou nada.

Por tal motivo, desde a asociación Amizade, en colaboración coas asociacións Xuntos e Amencer, presentou unha serie de reclamacións por rexistro da Xunta de Galicia como un intento máis de que se lle dea solución a esta situación discriminatoria.

 

 

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies