O sábado 9 de xuño de 2018, Amizade colaborou coa Asociación de veciños de Monte Porreiro na festa do deporte que tiñan organizada no pavillón Fina Casalderrey. A asociación de veciños O Mirador solicitounos colaboración para esta xornada posto que unha das actividades deportivas que desenvolve Amizade se leva a cabo nas súas instalacións. Trátase do Taekwondo adaptado. Fai xa 7 meses que Amizade ten esta actividade no seu catálogo, e son 6 persoas socias as que se benefician da súa práctica. Agora mesmo, grazas a unha subvención outorgada pola Obra social La Caixa puidemos ter comprado os Dobok, os cales estrenamos nesta exhibición e que poderemos empregar máis asiduamente de agora en diante o que lle dá máis valor á actividade. Do mesmo xeito máis material destinado á actividade está en camiño.

Ademais tamén levamos o tenis de mesa, deporte que gusta a moitas persoas socias de Amizade. A idea foi que as persoas que quixesen probasen a practicalo sentados nunha cadeira de rodas.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies