Un ano mais, continua o programa de atención integral para persoas con discapacidade en Amizade, o cal ten por obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e favorecer a súa autonomía persoal.
Grazas a este proxecto, a entidade pode realizar distintas actividades como o servizo de información e asesoramento, Obradoiro de ocio, Obradoiro de coiro, saidas de ocio, actividades deportivas, reunións de empoderamento da muller con discapacidade e actividades de sensibilización social e política.
Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron a casilla 106 “Actividades consideradas de interese social” e á xestión de COGAMI.
