O programa que executou durante o 2024 a asociación Amizade, consistiu en ofrecer servizos e actividades dirixidos á mellora da calidade de vida e da autonomía persoal das persoas con discapacidade da comarca.

Os servizos e actividades son coordinados por unha educadora social e os máis demandados son saídas de ocio, servizo de información e asesoramento, obradoiro de ocio, reunións de empoderamento das mulleres con discapacidade, entre outras.

Tamén se realizaron actividades encamiñadas á concienciación e sensibilización social, como son as charlas de sensibilización en colexios, reunións de incidencia política, realización dunha xornada multideportiva accesible e un servizo de asesoramento en accesibilidade para quen o precise.

Este programa puidose materializar pola xestión de Cogami e grazas á financiación da Xunta, procedente dos fondos do 0,7% do IRPF, é dicir, das aportacións das persoas que marcaron a X no recadro de “actividades de interese social”.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies