Concentración pola accesibilidade: Martes, 7 de novembro ás 11:00 en Consumo

Publicación2

O vindeiro día 4 de decembro, cómprese o prazo marcado polo Texto Refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, para que todos os produtos, bens e servizos sexan accesibles.

Por este motivo, COCEMFE vai realizar unha campaña de incidencia política e de comunicación para facer un chamamento a todas as administracións públicas sobre o cumprimento da normativa e do límite temporal do 4 de decembro.

Así pois, o día 7 de novembro ás 11:00 horas vánse organizar concentracións simultáneas por todo o territorio nacional. Nós (Asociación Amizade) temos previsto concentrarnos no Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo na rúa Paseo de Cervantes en Pontevedra.

AGARDÁMOSVOS!.

 

Presentamos reclamacións á Xunta pola Oficina de Consumo inaccesible en Pontevedra

Xa a propia constitución española establece que todas as persoas son iguais ante a lei, sen que poida existir discriminación podo calquera circunstancia persoa ou social. E tamén di que corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade da persoa sexan reais e efectivos, removendo os obstáculos que impidan a súa plenitude e facilitando a participación de todas as persoas na vida política, económica, cultural e social.

Case corenta anos despois téñense aprobado diversas normativas encamiñadas a que deixe de existir discriminación pero o certo é que aínda queda moito camiño por recorrer para conseguir unha igualdade real.

Un exemplo claro disto é o que se pode apreciar na oficina do servizo de consumo de Pontevedra, que está situada nun primeiro andar e que non conta con ascensor, polo que se imposibilita o seu uso por unha grande parte da poboación, constituíndo unha discriminación que exerce a administración que en teoría ten que evitar que se produzan.

Xa no ano 2012 Amizade evidenciou publicamente esta situación, que foi recollida amplamente polos medios de comunicación. Cinco anos despois non cambiou nada.

Por tal motivo, desde a asociación Amizade, en colaboración coas asociacións Xuntos e Amencer, presentou unha serie de reclamacións por rexistro da Xunta de Galicia como un intento máis de que se lle dea solución a esta situación discriminatoria.

 

 

 

II Xornada Multideportiva Adaptada

O pasado sábado, 27 de maio, na Alameda de Pontevedra (Avda. Montero Ríos de Pontevedra), Amizade organizou a súa II Xornada Multideportiva Adaptada, dirixida a todas aquelas persoas interesadas que quixeran probar e practicar distintos deportes adaptados.

A actividade deu comezo ás 10:00 e rematou ás 14:00. Estivo xestionada pola Fundación También que contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre e que se desprazan desde Madrid nunha unidade móbil de deportes adaptados sendo o obxectivo principal o achegar a toda a poboación o deporte adaptado.

Entre outros, puidéronse probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slalom,…Deste xeito ofreceuse a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, concienciar sobre as dificultades que unha persoa con discapacidade ten para vivir no seu día a día, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, entre outras.

Esta xornada foi posible grazas á colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra que financiaron case o completo a actividade no seu conxunto.

Amizade organiza unhaxornada Multideportiva Adaptada

O pasado 4 de xuño, na Av. Montero Ríos de Pontevedra, Amizade organizou unha xornada multideportiva adaptada para que toda aquela persoa interesada (tivera ou non discapacidade) puidera probar e practicar distintos deportes adaptados.

A actividade deu comezo ás 10:00 e rematou ás 14:00. Foi xestionada pola Fundación Tambiénque contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre. Desprazáronse desde Madrid nunha unidade móbil  na que transportaron todo o material recesario para cumprir o obxectivo principal de achegar a toda a poboación o deporte adaptado.

Entre outros, puidéronse probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slalom,…Deste xeito ofreceuse a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, concienciar sobre as dificultades que unha persoa con discapacidade ten para vivir no seu día a día, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, …

A maiores, Amizade solicitou tres handbikes á Fundación MariaJoséJove(que conta cun servizo de préstamo destas na Coruña) e que tamén estiveron a disposición das persoas interesadas en probalas.

No estado español existen máis de catro millóns de persoas con discapacidade (física, intelectual e/ou sensorial), e a maioría delas non teñen acceso á información, descoñecen as posibilidades que teñen de practicar algún deporte. Isto, unido á falta de instalacións deportivas axeitadas, impide que poidan gozar de actividades deportivas que axuden a mellorar a súa autopercepción e aumenten a súa autoestima.

 

 

Esta xornada foi posible grazas á colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra que financiaron case o completo a actividade no seu conxunto.

Tamén colaboraron Froiz e Gadis.

Grazas a todos eles/as!!!.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies