Amizade pide a modificación da ordenanza de mobilidade

 

 

 

 

 

 

 

 

 O presidente da Asociación Amizade Paulo Fontán, reúnese co Partido Popular de Pontevedra, despois de facelo previamente cos grupos do PSOE e BNG, para mostrarlles o seu rexeitamento á posibilidade de limitar o tempo de uso das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida.

Dende Amizade enténdese que instaurar unha limitación no tempo de uso das prazas reservadas provocaría unha serie de prexuízos para todas as persoas que usan diariamente unha praza reservada como método para acurtar as distancias de desprazamento, mellorando así as súas posibilidades de integración social e laboral.

Video recordatorio das Xornadas Multideportivas Adaptadas levadas a cabo por Amizade

Este ano, co motivo do COVID-19, non poderemos levar a cabo a V Xornada Multideportiva Adaptada, polo que subimos un video recordatorio das anteriores xornadas para quen non as coñeza.

Estas xornadas, teñen por obxectivo xeral dar a coñecer algúns dos deportes adaptados (como poden ser boccia, golf, goalball, tenis de mesa, slalom, entre outros) e promover os beneficios da práctica deportiva entre a sociedade en xeral e nas persoas con discapacidade en particular.

Trátase en resumo, de ofrecer unha ampla oferta deportiva e lúdica ao longo dunha xornada que permita a calquera persoa coñecer e practicar os deportes adaptados.

IV Xornada Multideportiva Adaptada

Este ano a Xornada Multideportiva levouse a cabo o 24 de maio en horario de mañá e de tarde. A mañá deu comezo ás 10:00 ata as 14:00 e pola tarde comezou ás 16:30 ata as 20:30. Pola mañá asistiron máis de 130 alumnos e alumnas dos  colexios da comarca, concretamente Froebel e Santo André de Xeve, ademais asistiu a Asociacion Amencer-Aspace. Pola tarde participaron moitos viandantes que pasaban por alí, ademais de moitos dos nenos e nenas que participaron a mañá.  Foi un día cheo de deporte adaptado.

Cabe dar as grazas a todas as persoas participantes, o voluntariado e aos patrocinadores: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, La Caixa e Acuña. Sen todos vos non houbera sido posible! O ano que ven vémonos de novo!

#PonteEnMarcha

Amizade participou, o sábado 6 de abril, no PonteEnMArcha organizado polo Leis, este acto deportivo tivo lugar no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Neste interviñeron 15 asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, co fin de sensibilizar, visualizar e utilizar o deporte como ferramenta efectiva pola inclusión social.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies