Amizade participa na Xornada pola Diversidade en Ribeira

IMG-20180708-WA0036

 

 

 

 

O día 9 de xullo preto de 40 socios/as asistiron, por segundo ano consecutivo, a Ribeira para celebrar a Xornada pola Diversidade coa Asociación Ambar (entidade membro de COGAMI).

Ás 10:00 da mañá saia o autobús de Monte Porreiro, que faría unha parada en Pontevedra para recoller o resto dos/as socios/as.

Antes das 12:00 chegouse a Ribeira e participouse das múltiples actividades, obradoiros, e demais cousas que tiñan organizadas.

Sobre ás 14:00 xantouse nas inmediacións da Romería e a praia de Coroso en boa compaña e moitas risas.

Pola tarde, seguiuse participando das actuacións, gozando da praia e do bo ambiente.

Sobre ás 18:30 o autobús tomaba destino de volta a Pontevedra.

 

Organizamos unha exhibición de Taekwondo.

O sábado 9 de xuño de 2018, Amizade colaborou coa Asociación de veciños de Monte Porreiro na festa do deporte que tiñan organizada no pavillón Fina Casalderrey. A asociación de veciños O Mirador solicitounos colaboración para esta xornada posto que unha das actividades deportivas que desenvolve Amizade se leva a cabo nas súas instalacións. Trátase do Taekwondo adaptado. Fai xa 7 meses que Amizade ten esta actividade no seu catálogo, e son 6 persoas socias as que se benefician da súa práctica. Agora mesmo, grazas a unha subvención outorgada pola Obra social La Caixa puidemos ter comprado os Dobok, os cales estrenamos nesta exhibición e que poderemos empregar máis asiduamente de agora en diante o que lle dá máis valor á actividade. Do mesmo xeito máis material destinado á actividade está en camiño.

Ademais tamén levamos o tenis de mesa, deporte que gusta a moitas persoas socias de Amizade. A idea foi que as persoas que quixesen probasen a practicalo sentados nunha cadeira de rodas.

III Xornada multideportiva adaptada.

Xa temos listo o cartel da Xornada Multideportiva 2018. Este ano, celebrase en dous días, o venres 15 e o sábado 16 de xuño. Van a ser dous días cheos de deporte adaptado, nos que nos acompañarán nenos e nenas de coles da contorna e algunha Asociación da zona. O obxectivo principal e visibilizar que todas as persoas poden practicar deporte sempre que as condicións de accesibilidade e as adaptacións sexan as oportunas.

Remata o obradoiro de fotografía.

O martes 21 de maio puxemos fin a un curso cheo de imaxes. Foron cinco meses nos que aprendemos como empregar unha cámara fotográfica profesional en modo manual, controlando parámetros como ISO, diafragma, velocidade de obturación, zoom e todos os elementos que interveñen no proceso fotográfico. Sen dúbida foi unha experiencia única que agardamos repetir.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies