IV Xornada Multideportiva Adaptada

Este ano a Xornada Multideportiva levouse a cabo o 24 de maio en horario de mañá e de tarde. A mañá deu comezo ás 10:00 ata as 14:00 e pola tarde comezou ás 16:30 ata as 20:30. Pola mañá asistiron máis de 130 alumnos e alumnas dos  colexios da comarca, concretamente Froebel e Santo André de Xeve, ademais asistiu a Asociacion Amencer-Aspace. Pola tarde participaron moitos viandantes que pasaban por alí, ademais de moitos dos nenos e nenas que participaron a mañá.  Foi un día cheo de deporte adaptado.

Cabe dar as grazas a todas as persoas participantes, o voluntariado e aos patrocinadores: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, La Caixa e Acuña. Sen todos vos non houbera sido posible! O ano que ven vémonos de novo!

I Campionato de España Inclusivo de Taekwondo

Este fin de semana no Campionato de España de Artes Marciais en Córdoba varias das nosas persoas socias competiron en seis categorías distintas. O resultado destas competicións foi de doce medallas de Ouro e unha de Prata.

Dende a Asociación Amizade queríamos darlles moitos parabéns.

A actividade de Taekwondo é unha actividade que desenvolvemos en colaboración coa Asociación de Veciños/as O Mirador de Monte Porreiro desde o ano 2017.

#PonteEnMarcha

Amizade participou, o sábado 6 de abril, no PonteEnMArcha organizado polo Leis, este acto deportivo tivo lugar no Pavillón dos Deportes de Pontevedra.

Neste interviñeron 15 asociacións e colectivos sen ánimo de lucro, co fin de sensibilizar, visualizar e utilizar o deporte como ferramenta efectiva pola inclusión social.

 

I Xornada de Deporte Inclusivo

A asociación Amizade organizou o 14 e 19 de decembro, na School Pádel Center Pontevedra  e no Centro Cultural de Monteporreiro, unha xornada de Pádel e de Tenis de Mesa Inclusivo onde participaron conxuntamente persoas con e sen discapacidade.

Non se trataron duns torneos convencionais senón dunhas xornadas nas que visibilizar as posibilidades reais que teñen as persoas con discapacidade de practicar algún deporte, sempre que conten coas condicións de accesibilidade e apoio necesarios.

Ao mesmo tempo, tamén se pretendeu sensibilizar ás persoas sen discapacidade participantes da xornada sobre as capacidades diferentes que teñen todas as persoas, promovendo unha imaxe normalizadora do mundo da discapacidade.

Estas xornadas estiveron enmarcadas dentro dun proxecto de ocio e deporte que se puido levar a cabo grazas á colaboración económica de ENCE e da Obra Social La Caixa.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies