Campaña «Espera y desespera» de COCEMFE

No día de hoxe tivo lugar un acto reivindicativo diante do EVO (Equipo de Valoración e Orientación da discapacidade) de Pontevedra conxuntamente con outras cidades de toda Galicia.
A finalidade é reclamar os grandes retrasos nas valoracións que poden chegar ata os 18 meses de espera, supoñendo isto unha espera importante no acceso a servicios e prestacións das que poidan ter dereito entre outras cousas, emprego, educación, accesibilidade, saúde, etc. Ao acto acudiron varias persoas socias da entidade facendo valer os seus dereitos e expoñendo os seus testemuños a diferentes medios de comunicación que se desprazaron ata o lugar.

XXIX Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación Amizade

O sábado día 30 de abril de 2022 tivo lugar no Hotel Rural Campaniola a celebración da XXIX Asamblea Xeral da Asociación.
En primeiro lugar fíxose un repaso do balance económico do ano 2021 así como das diferentes actividades levadas a cabo nese ano. Tamén se dou a coñecer a planificación de actividades previstas para este ano 2022 deixando espazo para as aportacións de todas as persoas socias presentes no acto.
Finalmente concluíuse cun xantar no que as persoas asistentes puideron crear sinerxias e compartir experiencias entres eles.

Colaboración da Fundación Once 2021

Máis de 76 persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial e/ou mixta da comarca de Pontevedra participaron durante o ano 2021 no proxecto “Coordinación do servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión de persoas con discapacidade” executado pola asociación Amizade.

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimiento pormenorizado durante todo o proceso.

Colaboración da Deputación de Pontevedra 2021

Un ano máis, a Deputación de Pontevedra segue apostando polas entidades sociais locais e dende a asociación AMIZADE agradecemos a colaboración que hai anos vimos mantendo coa Deputación.

En concreto, dende Amizade grazas á subvención outorgada, puidemos ofrecer ás persoas sociais o acceso a sesións de fisioterapia continuadas a uns precios moito máis reducidos que os da oferta privada. Isto posibilita o mantemento físico e a mellora da autonomía persoal das persoas con discapacidade que acceden ao servizo.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies