Máis de 80 persoas con discapacidade beneficiáronse do programa de atención integral durante o 2022

Este proxecto é posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedentes das persoas que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e á xestión de COGAMI.

A asociación Amizade leva todo o ano executando o programa de atención integral para persoas con discapacidade o cal ten por finalidade mellorar a calidade de vida das persoas así como favorecer a súa autonomía persoal. Ata o mes de outubro xa se beneficiaran máis de 80 persoas.

A asociación Amizade executa este proxecto seguindo a misión da entidade de contribuir á mellora da calidade das vida de persoas con discapacidade e promovendo as súas oportunidades de participación social. Este proxecto permite a coordinación e xestión das diversas actividades e servizos da entidade, enfocados na promoción da autonomía persoal (con servizos como logopedia, fisioterapia, apoio psicolóxico,…) e nas actividades de ocio (con servizos como obradoiro de ocio, ximnasio adaptado, tenis de mesa, taekwondo,…), ademais do servizo de información e asesoramento mediante o que se resolven dúbidas sobre unha variedade de temáticas.

Axuda concedida: 20.000 €.

Proxecto Rehabilitación funcional 2022

Grazas á colaboración e opoio da Deputación de Pontevedra podemos continuar co programa de Rehabilitación Funcional que vimos levando a cabo na Asociación Amizade nos últimos anos.

A través deste programa podemos ofertar o servizo de fisioterapia en diferentes empresas a usuarios posibilitando unha mellora do mantemento físico e autonomía persoal.  Cada ano este servizo chega a máis persoas con discapacidade constatando deste xeito o éxito do funcionamento do programa.

 

Boletín nº45

Xa entramos no ecuador do mes de setembro, e con el vos deixamos o boletín nº 45 de Amizade, corresponde ao segundo semestre do ano.

Nesta nova edición atoparás novas de interese, actividades varias de Amizade nestes 6 últimos meses, información sobre a Dexeneración Corticobasal, entre outros datos curiosos.  

Ademáis, en «Vidas con Vapacidade» falamos dunha ben querida socia e membro da Xunta Directiva de Amizade.

Premede na imaxe para acceder ao boletín, esperamos que vos guste!!!

 

Reunión co alcalde do Concello de Poio

O pasado 4 de maio dous membros da directiva de Amizade tiveron unha reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, para abordar a o tema da accesibilidade dos edificios municipais, entorno urbano, aparcamentos e outorgamento das tarxetas de estacionamento entre outras.
Tras a reunión acordouse seguir mantendo contacto entre ambas institucións para seguir traballando conxuntamente e mellorar a actuación municipal con respecto a esta temática

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies