28/09/21 | Boletíns, Noticias

Xa temos aquí o segundo boletín do ano 2021!
Pinchando na imaxe verás que neste boletín falamos de novas de interese como a nova lei de incapacitación xudicial así como tamén dun estudo que destaca as consecuencias que produciu o covid en persoas con discapacidade.
Tamén incluimos información sobre as enfermidades inflamatorias intestinais como colitis ulcerosa ou a enfermidade de Crohn.
Ademais, nesta edición de «Vidas con Capacidade» resaltamos a traxectoria de Mercedes López, primeira persoa con parálise cerebral en acadar un doctorado na comunidade de Andalucía.
Voltaremos con novo boletín no ano 2022 con moitas cousas novas que contar!
14/05/21 | Noticias

Un ano máis, o Concello de Pontevedra colabora coa Asociación Amizade facendo posible o obradoiro de ocio que actualmente se presta de forma online.
Grazas ao proxecto AmiOcio trabállanse diferentes aspectos persoais e sociais con actividades como: mindfulness, cineforum, fotografía, scrapbook, dinámicas de grupo, creatividade musical, clube de lectura, etc
Así mesmo, prestouse apoio físico ás persoas que non dispoñían dos materiais informáticos oportunos ou daquelas persoas que non tiñan coñecemento do uso das novas tecnoloxías e así favorecer a participación de todas as persoas.
31/03/21 | Noticias

Este servizo é levado a cabo dende a Asociación Amizade e está enmarcado dentro do programa de atención integral para persoas con discapacidade.
É posible grazas a cofinanciación da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda e xestionada dende COGAMI.
Axuda concedida: 14.000 €.



16/03/21 | Boletíns, Noticias

Xa temos aquí o primeiro boletín do ano 2021!
Falamos de novas de interese así como información relativa ás actividades levadas a cabo na entidade. Tamén incluimos consellos psicolóxicos para afrontar esta nova realidade e información sobre a enfermidade de Pompe, enfermidade rara neuromuscular e de orixe xenético.
Ademais, nesta edición de «Vidas con Capacidade» resaltamos a traxectoria de Ramón Escudeiro, pontevedrés axedrecista e judoka.
O seguinte número deste boletín voltará en Setembro de 2021.