27/12/21 | Noticias, Sin categoría
Máis de 76 persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial e/ou mixta da comarca de Pontevedra participaron durante o ano 2021 no proxecto “Coordinación do servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión de persoas con discapacidade” executado pola asociación Amizade.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para a financiación dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimiento pormenorizado durante todo o proceso.

12/12/21 | Noticias
Un ano máis, a Deputación de Pontevedra segue apostando polas entidades sociais locais e dende a asociación AMIZADE agradecemos a colaboración que hai anos vimos mantendo coa Deputación.
En concreto, dende Amizade grazas á subvención outorgada, puidemos ofrecer ás persoas sociais o acceso a sesións de fisioterapia continuadas a uns precios moito máis reducidos que os da oferta privada. Isto posibilita o mantemento físico e a mellora da autonomía persoal das persoas con discapacidade que acceden ao servizo.

20/10/21 | Noticias
Unha vez máis, dende Amizade agradecemos á Obra Social de La Caixa pola súa colaboración ao mantemento de actividades deportivas así como os servizos de atención logopédica e fisioterapia que se levan a cabo dende a asociación.

04/10/21 | Noticias, Sensibilización
A pasada semana a asociación Amizade e o CAB Baloncesto Pontevedra asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de colaborar entre as entidades para o fomento de actuacións de mutuo enriquecemento e desenvolvemento, tales como a promoción do deporte adaptado ou a concienciación social sobre a discapacidade.