Boletín nº44

Aquí temos o primeiro boletín do ano 2022! Falamos de actividades levadas a cabo na entidade, dos servizos e actividades que Amizade pon a disposición da sociedade, ou das distintas colaboracións recibidas. Tamén incluimos información sobre a Acondroplasia, ademais de falar de Peter Dinglake na sección de «Vidas con Capacidade». O seguinte número do noso boletín verá a luz en Setembro deste 2022.

Boletín 43

   

Xa temos aquí o segundo boletín do ano 2021!

Pinchando na imaxe verás que neste boletín falamos de novas de interese como a nova lei de incapacitación xudicial, así como tamén dun estudo que destaca as consecuencias que produciu o COVID en persoas con discapacidade.

Tamén se mencionan as entidades colaboradoras e se ofrece información sobre as enfermidades inflamatorias intestinais.

Boletín 42

Xa temos aquí o primeiro boletín do ano 2021!

Falamos de novas de interese así como información relativa ás actividades levadas a cabo na entidade. Tamén incluimos consellos psicolóxicos para afrontar esta nova realidade e  información sobre a enfermidade de Pompe, enfermidade rara neuromuscular e de orixe xenético.
Ademais, nesta edición de «Vidas con Capacidade» resaltamos a traxectoria de Ramón Escudeiro, pontevedrés axedrecista e judoka.
O seguinte número deste boletín voltará en Setembro de 2021.

 

Boletín 41

 

 

 

 

 Xa temos aquí o segundo boletín do ano 2020!

Aquí falamos de noticias de interese e actividades desenvolvidas ao longo destos últimos meses. Tamén ofrecemos información sobre a enfermidade de Creutzfeldt Jakob, enfermidade rara pertencente ao grupo de «encefalopatías esponxiformes transmisibles».
Ademais, nesta edición de «Vidas con Capacidade» resaltamos a traxectoria de Ramon Arroyo, atleta diagnosticado de Esclerose Múltiple.
O seguinte número deste boletín voltará en Marzo de 2021.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies