31/01/17 | Asembleas
O sábado día 7 de maio de 2016 celebrouse a XXIII Asemblea Xeral da asociación Amizade, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Xunta Directiva deuconta do traballodesenvolvido durante o exercicio do 2015, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico, que concluiucuncerto aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.
Expúxosetamén o programa de actividades para o ano 2016 que, ademais da continuidade de certosservizos e actividades, inclúe a intención de manter o desenvolvemento do proxecto de atención psicolóxica e poñer en marcha un de atención Logopedia ououtros de fomento do deporte (sobre todo a través dunservizo de préstamo de handbikes, e coa celebración dunhaxornada multideportiva).
Como se ven facendonas últimas edicions, ao finalizar a asembleastivo lugar unha comida na que máis de 40 persoas (socios/as e amigos/as) puideron compartir as súasinquedanzas, opinións e experiencias, rematando así a xornadadunxeitomáis informal e divertido.
10/01/17 | Asembleas
O sábado día 25 de abril de 2015 celebrouse a XXII Asemblea Xeral da asociación Amizade, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Xunta Directiva deu conta do traballo desenvolvido durante o exercicio do 2014, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.
Expúxose tamén o programa de actividades para o ano 2014 que, ademais da continuidade de certos servizos e actividades, inclúe a intenión de desenvolver un proxecto de atención psicolóxica e outros de fomento do deportem, sobre todo a través do préstamo de handbikes. Presentouse xunto cun orzamento de 37.000€, a ambos foron aprobados por unanimidade.
A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se procedeu á elección da nova Xunta Directiva de Amizade que guiará o funcionamento da asociación durante os vindeiros catro anos. Unicamente se presentou unha candidatura, que foi a que resultou elixida, composta por: Paulo Fontán (presidente), José Manuel Lareu (vicepresidente), Helena Cabral (secretaria), Manuel Alonso (tesoureiro), e como vogais Eugenio Pazos, Antonio Orella, Jorge Esperón, Sergio Oubiña, e Teresa Ballesteros.
Como se ven facendo nas últimas edicions, ao finalizar ambas asembleas tivo lugar unha comida na que máis de 40 persoas (socios/as e amigos/as) puideron compartir as súas inquedanzas, opinións e experiencias, rematando así a xornada dun xeito máis informal e divertido.
28/12/16 | Asembleas
O sábado 26 de abril celebrouse a XXI Asemblea Xeral de Amizade. Nesta ocasión, tivo lugar na Casa de cultura de Lérez, ás 11:30h, asístindo un total de 21 persoas socias.
Nela, a Xunta Directiva deu conta do acontecido durante o ano 2013; presentou a memoria das actividades e obradoiros desenvolvidos ao longo de todo o ano e fixo unha descrición do informe económico, é dicir, de onde se conseguiron os cartos (administración públicas, empresas privadas, cotas de socias,…) e onde se investiron (monitores, materiais, , saídas de ocio,…).
Tamén se comentou a proposta de actividades a desenvolver durante o ano 2014, xunto co orzamento que se estima que sería necesario para pódelas levar a cabo.
Tanto o informe de Xestión do ano 2013 (que incluíu o económico e o de actividades) como o Programa de actividades do ano 2014 foron aprobados por unanimidade de todos os socios e socias presentes. Na orde do día tamén se incluíu un punto sobre a renovación da composición da Xunta Directiva, da que saiu Juaquín Pesqueira e entraron tres novas persoas: Jorge Esperón, Teresa Ballesteros e Sergio Oubiña.
Para finalizar a asamblea proxectouse o vídeo que se realizara como conmemoración dos 25 anos da asociación e a continuación tivo lugar un pequeño concerto de música tradicional a cargo da Asociación de gaiteiros Rías Baixas.
E despois de todo isto, púidose gozar dun xantar en boa compañía.