O pasado 22 de Outubro púxose en marcha a campaña #TeletransporteContraLaDiscriminación en 15 localidades galegas para reinvindicar as dificultades de acceso no transporte. Dende Amizade concentrámonos na Praza de Ourense en Pontevedra para demandar un transporte adaptado que garantice a igualdade de oportunidades.
Paulo Fontán, presidente de Amizade, recoñece que aínda que a lei obriga a que o transporte público sexa accesible para todas as persoas, sabemos que non se cumpre como debería.