Este é o primeiro boletín do ano 2020, como sabedes a seguinte edición será no mes de Setembro de 2020. Neste número informamos sobre noticias de interese, actividades desenvolvidas ao longo destos últimos meses dende a Asociación Amizade e ofrecemos información sobre a enfermidade de Gaucher. Sempre incluímos un apartado chamado «Vidas con Capacidade» resaltando a traxectoria de algunha persoa con discapacidade. Neste número falaremos de Marla Runyan, atleta diagnosticada coa enfermidade de Stargardt.