O día 9 de xullo preto de 40 socios/as asistiron, por segundo ano consecutivo, a Ribeira para celebrar a Xornada pola Diversidade coa Asociación Ambar (entidade membro de COGAMI).
Ás 10:00 da mañá saia o autobús de Monte Porreiro, que faría unha parada en Pontevedra para recoller o resto dos/as socios/as.
Antes das 12:00 chegouse a Ribeira e participouse das múltiples actividades, obradoiros, e demais cousas que tiñan organizadas.
Sobre ás 14:00 xantouse nas inmediacións da Romería e a praia de Coroso en boa compaña e moitas risas.
Pola tarde, seguiuse participando das actuacións, gozando da praia e do bo ambiente.
Sobre ás 18:30 o autobús tomaba destino de volta a Pontevedra.