O 31 de xaneiro Amizade organizou unha charla de sensibilización no IES Sánchez Cantón desde as 13:35 até as 14:40, e impartiuse ó alumnado do FP Técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas.

A charla foi desenvolta por tres socios que procuraron, por un lado, sensibilizar respecto ás situacións de exclusión que viven as persoas con discapacidade (falta de accesibilidade, axudas técnicas caras, respeto polas plazas de aparcadoiro destinadas ás persoas con discapacidade, etc.) e por outra banda, dar a coñecer as súas experiencias persoais no eido deportivo. Neste sentido, eles practicaron ou practican: vela adaptada, ciclismo con handbike, taekwondo adaptado, baloncesto, ximnasio, entre outras.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies