Na propia web da empresa de transporte Alsa dise que contan cun servizo de accesibilidade para persoas con discapacidade que queiran viaxar, e que poderían facelo en calquera das súas rutas nos servizos Supra e Premium, sendo o único requisito chamar a un número “902” con 48 horas de antelación.

Porén, chamando incluso cunha semana de antelación, e tras pasar a chamada ao departamento de “Incidencias”, afirman que na ruta concreta solicitada (Pontevedra-Oviedo) non hai posibilidade de que ás persoas con mobilidade reducida poidan facer uso do servizo.

Despois de ter feita a correspondente reclamación na oficina que a empresa Alsa ten en Pontevedra, de presentala na Oficina de Consumo de Pontevedra e comunicar o feito á oficina da Valedora do Pobo (tanto por parte da persoa directamente afectada como da asociación), Amizade organizou esta concentración na Estación de Autobuses co obxectivo de paralizar a saída do autobús Supra que a compañía Alsa pon en funcionamento para cubrir a citada ruta.

Con este acto pretendeuse que a empresa ofrecera unha solución de xeito inmediato que posibilite que a persoa con mobilidade reducida interesada en facer esta ruta poida realizala nas mesmas condicións de comodidade e igualdade que o resto dos pasaxeiros/as.

Ao mesmo tempo,  Amizade tamén quixo visibilizar que queda moito camiño ainda por percorrer para conseguir unha igualdade real entre todas as persoas; que é preciso que se respecten os dereitos das persoas con discapacidade, e que un acto tan simple como poder utilizar un transporte público non pode supoñer unha carreira de obstáculos.         .

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies