O sábado día 20 de abril de 2019 tivo lugar a celebración da XXVI Asemblea Xeral da asociación Amizade. Nesta ocasión volveu a escollerse o Hotel Campaniola como lugar onde desenvolver a asemblea.

Na mesma, a Xunta Directiva deu conta do traballo desenvolvido durante o exercicio do 2018, repasando a memoria de todas as actividades realizadas así como explicando o balance económico do ano, que por primeira mez en moitos anos rematou cun desaforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Tamén se presentou o programa de actividades para o ano 2019 que co afán de continuar cos servizos e actividades máis tradicionais e de incluír a intenión de desenvolver un curso de música e outro de fotografía, viña acompañado dun orzamento que xa estimaba rematar o ano cunha pequena perda. A asemblea da entidade asumiu o risco de obter finalmente ese resultado negativo en contraprestación de manter a oferta de servizos e actividades programada e decidiu aprobar por unanimidade o programa de actividades.

A continuación celebrouse a XV Asemblea Xeral Extraordinaria que como único punto da orde do día contemplaba a elección da nova Xunta Directiva de Amizade que tería que guia o funcionamento da asociación durante o período dos seguintes catro anos. Unicamente foi presentada unha candidatura, que resultou elixida por uanimidade, composta por: Paulo Fontán (presidencia), José Manuel Lareu (vicepresidencia), Helena Cabral (secretaría), Manuel Alonso (tesoureiría), e como vogais Eugenio Pazos, Antonio Orella, Jorge Esperón, Sergio Oubiña, Teresa Ballesteros, e Elena Barcia.

Ao finalizar ambas asembleas, tal e como se ven facendo nas últimas edicions, tivo lugar unha comida na que máis de 40 persoas (socios/as e amigos/as) puideron compartir as súas inquedanzas, opinións e experiencias, rematando así a xornada dun xeito máis informal e divertido.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies