O sábado día 25 de abril de 2015 celebrouse a XXII Asemblea Xeral da asociación Amizade, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Xunta Directiva deu conta do traballo desenvolvido durante o exercicio do 2014, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Expúxose tamén o programa de actividades para o ano 2014 que, ademais da continuidade de certos servizos e actividades, inclúe a intenión de desenvolver un proxecto de atención psicolóxica e outros de fomento do deportem, sobre todo a través do préstamo de handbikes. Presentouse xunto cun orzamento de 37.000€, a ambos foron aprobados por unanimidade.

A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria na que se procedeu á elección da nova Xunta Directiva de Amizade que guiará o funcionamento da asociación durante os vindeiros catro anos. Unicamente se presentou unha candidatura, que foi a que resultou elixida, composta por: Paulo Fontán (presidente), José Manuel Lareu (vicepresidente), Helena Cabral (secretaria), Manuel Alonso (tesoureiro), e como vogais Eugenio Pazos, Antonio Orella, Jorge Esperón, Sergio Oubiña, e Teresa Ballesteros.

Como se ven facendo nas últimas edicions, ao finalizar ambas asembleas tivo lugar unha comida na que máis de 40 persoas (socios/as e amigos/as) puideron compartir as súas inquedanzas, opinións e experiencias, rematando así a xornada dun xeito máis informal e divertido.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies