Como ven sendoxa case unha tradición, Amizade organizouunha nova comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as no piñeiral da praia de Montalvo, que nesta ocasión tivo lugar o domingo 10 de xullo

Sobre as 12:00 foronchegando os primeiros asistentes, que foroncompartindo experiencias e preparando as mesas para o xantar.

A comida estivo animada e permitiu que todos e todas gozaramos da boa e agradable compañía e dun contorno natural tan peculiar.

Pola tarde tiveron lugar varias actividades paralelas; algunhaspersoasaproveitaron para descansar tranquilamente, outrasxogaronaoxadrez, ás cartas e/ou pelota; outrasforon pasear e algúnsaproveitaron para gozar do mar e da area da praia.

Nesta ocasión, ao redor de 30 persoaspuideron gozar dunhaxornada de lecer que seguro que se seguirá repetindo en vindeiros anos. Sobre ás 18:00h recolleuse todo e cada un/unharegresou á súa casa.

Contousenovamente coa colaboración voluntaria de varias persoas que se encargaron de trasladar mesas e bancos, colocar e recoller todo, axudar a quen o precisaba, reservar o sitio a primeira hora da mañá, levar un control da asistencia e o transporte en bus, etc. Semprehai que valorar e agradecer estas colaboraciónsvoluntarias, sen as cales non sería posible organizar este tipo de actividades.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies