Sensibilización

Charlas de prevención de accidentes

Están destinadas a sensibilizar á poboación xuvenil que empeza a saír e conducir motocicletas ou coches, sobre a importancia de manter comportamentos responsables nas fins de semana, e de previr os accidentes e as consecuencias dos mesmos, visto sempre dende un punto de vista optimista e conciliador coa realidade.

A actividade consiste en impartir charlas nos institutos aos alumnos de secundaria (ESO e bacharelato), previo acordo cos responsables do centro. Soen ser grupos de entre 40 e 50 persoas ás que se lles explica cales poden ser as consecuencias de levar a cabo condutas irresponsables ao conducir ou ir de acompañante nun vehículo. Transmítense normas básicas de seguridade vial á vez que se exemplifican cales poden ser as consecuencias de non cumprir as normas. É neste aspecto no que maior atención se consegue, posto que en todas as charlas participa unha persoa con Lesión Medular ocasionada nun accidente de tráfico.

A xuventude das vítimas destes accidentes fai que a proximidade xeracional cos alumnos/as favoreza a identificación do perigo real e se consiga así unha maior eficacia no desenvolvemento da charla.

Ao mesmo tempo ofréceselles unha visión real do fenómeno da discapacidade, intentando rachar os mitos e estereotipos existentes como consecuencia de actitudes paternalistas ou discriminatorias. Preténdese deixar claro que as persoas con discapacidade non son nin mellores nin peores, nin máis nin menos válidas que as persoas sen discapacidade. Perséguese transmitir unha actitude aberta que beneficie a un trato de normalidade das futuras relacións interpersoais que se poidan producir entre os alumnos/as que asisten as charlas e as persoas con discapacidade coas que se atopen na súa vida.

Desde o ano 2006 lévanse impartido numerosas charlas ás que asistiron varios centos de persoas. Tamén se colaborou coas iniciativas sobre seguridade vial que puxeron en marcha diversos concellos.

Charlas informativas sobre a Discapacidade

Este tipo de charlas se desenvolve tanto para público infantil como para o universitario.

É importante que os nenos e nenas de hoxe vexan con normalidade as diversas situacións de discapacidade de maneira que, conforme vaian medrando, poidan contribuir de xeito positivo ao cambio social que conduza á igualdade real de oportunidades de todas as persoas. Por iso, desde Amizade impartimos charlas en diferentes escolas de primaria nas que os asistentes poden comprobar como quen lles fala é unha persoa, independentemente de que estea sentado nunha cadeira de rodas ou lle falte algunha extremidade, e que non deben de ter medo de preguntar ou de relacionarse con ela. Coñecer as diferentes formas nas que pode presentarse a discapacidade axúdalles a interiorizala e comprendela e influe en que as súas crenzas respecto a ela se transformen de prexuizos e mitos, en coñecemento e realidade.

En canto ao público universitario, en colaboración con diferentes facultades, participamos en charlas informativas sobre diversas temáticas: discapacidade en xeral, emprego, deporte adaptado e axudas técnicas, entre outras. Desta maneira os estudantes teñen a posibilidade de adquirir unha visión máis ampla do que existe na sociedade e consecuentemente estarán máis capacitados para desenvolver os seus respectivos traballos no futuro dun xeito máis igualitario.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies