Incidencia política

Non cabe dúbida de que o poder político é o que realmente ten a capacidade para cambiar as cousas e por iso desde Amizade mantemos contactos periódicos con diversos representantes políticos e técnicos dos concellos da comarca coa finalidade de transmitirlle a nosa visión do que deben ser as políticas públicas municipais.

Insistimos en que as políticas de discapacidade teñen que ser tratadas dun xeito transversal, incidindo en todas as áreas de Goberno. Cada actuación municipal que se desenvolva ten que contar coas persoas con discapacidade; ben sexa como usuarias dun servizo, ben como posibles afectadas por decisións urbanísticas.

Especial énfase adicamos á cuestión da accesibilidade, mantendo unha especial vixilancia ao resultado das obras públicas e denunciando aqueles puntos das cidades que dificultan ou impiden a Mobilidade das persoas, impedindo así que poidan gozar das mesmas oportunidades.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies