Desgravacións fiscais

(Ser socio/a ou doante de Amizade dá dereito a deducir as doazóns na declaración da renda)

Persoas físicas (IRPF)

  • Ata 150€ a desgravación aplicada sería do 75%. É dicir, por unha doazón de 150€ desgrávanse 112,50€ na declaración dese ano.
  • A partir de 150€, desgravarase o 30% no caso de ser a primeira doazón e o 35% se xa se ten doado en dous exercicios anteriores por un importe igual ou superior, en cada ano, ao do exercicio anterior. É dicir, unha doazón de 500€ suporía desgravarse na declaración de dese ano un total de 217,50€ (112,50€ polos primeiros 150€ e 105€ polo resto) en caso de ser unha primeira doazón; e un total de 235€ (112,50€ polos primeiros 150€ y 122,50€ polo resto) no segundo caso.

    Persoas xurídicas (IS)

    • A desgravación na declaración dese ano sería do 35% no caso de ter doado unicamente nese ano e do 40% se xa se ten doado nos dous exercicios anteriores. Por exemplo, unha doazón de 500€ nun ano desgravaría 175€ no caso de ser a primeira doazón, e desgravaría 200€ se xa tivera doado a Amizade nos dous anos anteriores.

      Información a ter en conta

      Para que Amizade poida informar á Axencia Tributaria do importe das doazóns realizadas resulta imprescindible facilitar os seguintes datos: o DNI ou NIF e o domicilio ao realizar a doazón, ou nun momento posterior pero antes de que remate o ano no que se produciu esa doazón.