Coñécenos

apeca-logo-estatutos

                                              Ver estatutos

Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Somos unha entidade non gubernamental, que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e apartidista. Basea a súa actuación nos valoreas de democracia interna, solidariedade entre os membros, defensa de necesidades xerais por riba de intereses paticulares, transparencia e publicidade na xestión.

Ademais dos estatutos, temos aprobados os seguintes documentos: Protocolo de Prevención contra o Acoso, un Plan de Igualdade e un Plan de Voluntariado.

Historia

No ano 1988 un grupo de persoas con discapacidade deciden crear na comarca de Pontevedra unha asociación co obxecto de poder defender mellor os seus intereses tanto individuais como colectivos, tomando o nome de AISMIP. En 1993 prodúcese a unión co grupo de persoas con discapacidade psíquica El buen pastor pasando a chamarse Asociación Amistad.

No ano 1997 prodúcese a incorporación á COGAMI momento a partir do cal aumenta a actividade asociativa froito da colaboración entre ambas entidades.

Será no ano 2003 cando se produce un cambio no nome da entidade motivado pola adecuación lingüística á lingua galega. E será na asemblea xeral celebrada en xuño do ano 2007 cando adquira o nome actual: Amizade, Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra.

Ao longo de todos estes anos foi medrando a presencia pública da asociación así como o número de socios e socias e a variedade de actividades e servicios ofrecidos. Desde o mes de xullo de 2007 a entidade conta cunhas novas instalacións situadas en Monte Porreiro nas que desenvolve as súas actividades.

Principios e valores

En termos xerais, AMIZADE adhírese á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, á carta de Dereitos Sociais da UE, ás Normas Unificadas de Igualdade e á Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

A “Asociación Amizade” basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

  1. Democracia Interna e Participación: Entendida como a participación activa e continua das persoas socias no deseño e establecemento dos fins, no desenvolvemento dos servizos e na xestión de medios da asociación e o respecto do principio da maioría das mesmas nas decisións comúns que Amizade tome.
  2. Solidariedade: Entendida como un sentimento de apoio mutuo entre as persoas con discapacidade e as súas familias e a sociedade en xeral.
  3. Transparencia e publicidade na xestión e actuación da entidade: Económica e informativa cara á sociedade en xeral, na toma de decisións, nas metodoloxías de traballo e acceso aos servizos de cara as persoas socias.
  4. Defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: Tanto a nivel individual, familiar como organizativo. Entendendo por elo a promoción, protección e aseguramento do goce pleno e en condicións de igualdade legal en canto aos dereitos humanos e liberdades fundamentaisde todas as persoas con discapacidade e promovendo o respecto das súa dignidade inherente.
    Especialmente no referente:
    -Ao respecto á autonomía individual, incluída a liberdade de tomar as propias decisións e á independencia das persoas.
    -Á participación plena e efectiva na sociedade.
    -Ao respecto pola diferenza e a aceptación das persoas con discapacidade como parte da diversidade e da condición humanas.
    -A accesibilidade universal e o deseño para todos/as.
    -Ao respecto á evolución das facultades das nenas e nenos con discapacidade e do seu dereito a preservar a súa identidade.
  5. Implicación social: Entendida como a participafción activa na defensa de outras causas sociais máis alá da discapacidade e sempre que non contradigan os valores e misión da organización.
  6. Enfoque de Xénero: Entendido como a valoración transversal das implicacións que teñen para as mulleres e os homes cada unha das accións ou aplicación de políticas en todas as áreas da asociación de tal forma que facilite ás persoas o acceso aos órganos da asociación e aos servizos que se prestan. O enforque de xénero ten como obxectivo final a igualdade de oportunidades.
  7. Mellora Continua: Entendida como a forma de desenvolver a xestión e os servizos e actividades da asociación, é dicir, planificando, realizando o planificado, avaliando o realizado e introducindo melloras adaptadas aos medios da asociación con criterios de eficiencia e eficacia e tendo en conta a súa misión.
  8. Independencia: Entendida como que Amizade é unha asociación libre, aconfesional, apartidista e non gubernamental, que actúa con plena autonomía e independencia dos poderes públicos, das formacións políticas, dos axentes sociais ou de calquera outro grupo de presión. Así mesmo, Amizade toma as súas decisións froito do debate e o consenso interno, sen someterse a intereses particulares ou parciais das persoas socias e sen preferencia por ningunha delas.

Obxectivos e fins

Son obxectivos da Asociación Amizade, entre outros:

  1. Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade.
  2. Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
  3. A defensa dos dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia, así como a promoción da súa integración e participación activa na sociedade.
  4. Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  5. Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade.
  6. Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do grupo social das persoas con discapacidade.
  7. Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
  8. Desenvolver estratexias solidarias para que se poidan acadar equilibrios interterritoriais en calidade e servicios.
  9. Promover e poñer en funcionamento todo tipo de iniciativas deportivas para persoas con discapacidade, priorizando aquelas que impulsen o deporte de base.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies