A través do servizo de accesibilidade de Amizade, dende o cal a asociación ofrece orientación sobre deseño de espazos, materiais, asistencia técnica e elaboración de propostas a toda persoa que o solicite, preténdese transmitir o coñecemento e experiencia da entidade de xeito que poida ser aproveitado polos profesionais responsables en proxectos de deseño e execución das obras públicas ou privadas.

É así que no mes de Febreiro Demetrio Gómez (concelleiro de Obras Urbanas) e Paulo Fontán (presidente de Amizade) mantiveron unha reunión telemática sobre os proxectos que o Concello levará a cabo na cidade: a reforma da praza de Barcelos e da rúa da Santiña.

Paulo Fontán destacou unha serie de elementos non definidos nos proxectos básicos como o réxime de aparcamento e prazas adaptadas ou a accesibilidade da zona.

Pola súa banda, Gómez comprometeuse a incorporar ambos detalles nos proxectos de execución.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies