Una ano máis Amizade celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que nesta ocasión fixo a número sábado XXIV. Tivo lugar o día 8 de abril de 2017, no Pazo da Cultura de Pontevedra e nela os membros da Xunta Directiva expuxeron o informe económico e a memoria de actividades do ano 2016. Un ano no que se ampliou a oferta de actifvidades e que novamente rematou con aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Na asemblea tamén se presentou a proposta de actividades a realizar durante o ano 2017 na que, ademais da continuidade de certos servizos e actividades, inclúe a intenión de poder adquirir un catamarán adaptado co que desenvolver actividades lúdico-perqueiras. Presentouse unha solicitude de axuda económica a ENCE e estase á espera de que dean resposta á mesma. Tamén se incluíron algunhas propostas dos socios/as como a de enviar unha carta de protesta a Abanca ou a de falar coas autoescolas para estudar a posibilidade de que contencon vehículos adaptados. O prograam de actividades tamén foi aprobado por unanimidade.

A continuación celebrouse a Asemblea Xeral Extraordinaria motivada por unha esixencia legal de ter que modificar o artigo dos estatutos que fai referencia ao destino dos bens da entidade no caso de disolución desta. Ao estar Amizade acollida á lei 49/2002, de mecenazgo, está obrigada a que o destino dos seus bens sexa outra entidade acollida á mesma lei; esta modificación aprobouse tamén por unanimidade.

E ao finalizar ambas asembleas, como se ven facendo nas últimas edicións, tivo lugar unha comida na que máis de 40 persoas (socios/as e amigos/as) puideron compartir as súas inquedanzas, opinións e experiencias, rematando así a xornada dun xeito máis informal e divertido.