Acto protesta á empresa de Autobuses Alsa

Na propia web da empresa de transporte Alsa dise que contan cun servizo de accesibilidade para persoas con discapacidade que queiran viaxar, e que poderían facelo en calquera das súas rutas nos servizos Supra e Premium, sendo o único requisito chamar a un número “902” con 48 horas de antelación.

Porén, chamando incluso cunha semana de antelación, e tras pasar a chamada ao departamento de “Incidencias”, afirman que na ruta concreta solicitada (Pontevedra-Oviedo) non hai posibilidade de que ás persoas con mobilidade reducida poidan facer uso do servizo.

Despois de ter feita a correspondente reclamación na oficina que a empresa Alsa ten en Pontevedra, de presentala na Oficina de Consumo de Pontevedra e comunicar o feito á oficina da Valedora do Pobo (tanto por parte da persoa directamente afectada como da asociación), Amizade organizou esta concentración na Estación de Autobuses co obxectivo de paralizar a saída do autobús Supra que a compañía Alsa pon en funcionamento para cubrir a citada ruta.

Con este acto pretendeuse que a empresa ofrecera unha solución de xeito inmediato que posibilite que a persoa con mobilidade reducida interesada en facer esta ruta poida realizala nas mesmas condicións de comodidade e igualdade que o resto dos pasaxeiros/as.

Ao mesmo tempo,  Amizade tamén quixo visibilizar que queda moito camiño ainda por percorrer para conseguir unha igualdade real entre todas as persoas; que é preciso que se respecten os dereitos das persoas con discapacidade, e que un acto tan simple como poder utilizar un transporte público non pode supoñer unha carreira de obstáculos.         .

A xornada multideportiva foi un éxito: grazas ao voluntariado, Concello e Deputación de Pontevedra, La Caixa e Froiz.

Este ano a Xornada Multideportiva levouse a cabo en dous días. O primeiro foi o venres 15 de xuño. Ese día asistiron máis de 120 alumnos e alumnas dos coles da comarca, concretamente Froebel e Santo André de Xeve. O segundo día foi o sábado 16 e asistiron algunhas entidades coma AMARAI, ADISBISMUR e ASSEII. Foron dous días cheos de deporte adaptado, no que participaron tamén viandantes que pasaban por alí; o sábado ata veu saudarnos Indurain!

Cabe dar as grazas a todas as persoas participantes, o voluntariado, ao cantante Tomas Outsider e aos patrocinadores: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, La caixa e Froiz. Sen todos vos non houbera sido posible! Vémonos para o ano que ven!

Amizade organiza unha acción de guerrilla en Monte Porreiro.

O 12 de Abril de 2018, Amizade levou a cabo unha xornada de #accionguerrilla na que se constatou que boa parte da sociedade aparca, literalmente, sobre os nosos dereitos. Somos coñecedores de que a xente emprega as prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida para facer os seus “recados”.

Por este motivo decidimos organizar esta actuación nunha praza de aparcadoiro situada en fronte dunha panadería en Monte Porreiro, a escasos metros do noso local social, onde a xente fai uso dela de xeito inadecuado para coller o pan.

Ao falar con eles/as, todos poñen as mesmas excusas, a maís común, a de coller o pan. Tamén que só son 5 minutos, descargar algunhas mercancías, ou que xa saben que non poden parar e non pretendían ofender ou molestar. O certo é que, aínda sen querer molestar, trátase dunha acción ilegal segundo o código de circulación; e pouco ética, xa que afecta aos dereitos, neste caso, aos das persoas con discapacidade.

Con esta acción pretendemos sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a necesidade de respectar as prazas de aparcadoiro que impiden ás persoas con discapacidade dispoñer delas, e por ende, participar autonomamente na circulación víal.

Amizade organiza máis charlas de sensibilización nos colexios.

O pasado mércores 21 de febreiro organizamos unha charla de sensibilización no Colexio de Campolongo, cos rapaces e rapazas de primeiro de primaria. Os vindeiros mércores 28 e 7 de marzo está previsto facer outras dúas con segundo e terceiro. Do mesmo xeito, no mes de abril e maio organizaremos cos restantes cursos. Os obxectivos principais que se pretende abordar son: visibilizar e coñecer a discapacidade, rachar prexuizos, sensibilizar cara a prevención de accidentes, fomentar a linguaxe inclusiva, etcétera.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies