A xornada multideportiva foi un éxito: grazas ao voluntariado, Concello e Deputación de Pontevedra, La Caixa e Froiz.

Este ano a Xornada Multideportiva levouse a cabo en dous días. O primeiro foi o venres 15 de xuño. Ese día asistiron máis de 120 alumnos e alumnas dos coles da comarca, concretamente Froebel e Santo André de Xeve. O segundo día foi o sábado 16 e asistiron algunhas entidades coma AMARAI, ADISBISMUR e ASSEII. Foron dous días cheos de deporte adaptado, no que participaron tamén viandantes que pasaban por alí; o sábado ata veu saudarnos Indurain!

Cabe dar as grazas a todas as persoas participantes, o voluntariado, ao cantante Tomas Outsider e aos patrocinadores: Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, La caixa e Froiz. Sen todos vos non houbera sido posible! Vémonos para o ano que ven!

Amizade organiza unha acción de guerrilla en Monte Porreiro.

O 12 de Abril de 2018, Amizade levou a cabo unha xornada de #accionguerrilla na que se constatou que boa parte da sociedade aparca, literalmente, sobre os nosos dereitos. Somos coñecedores de que a xente emprega as prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida para facer os seus “recados”.

Por este motivo decidimos organizar esta actuación nunha praza de aparcadoiro situada en fronte dunha panadería en Monte Porreiro, a escasos metros do noso local social, onde a xente fai uso dela de xeito inadecuado para coller o pan.

Ao falar con eles/as, todos poñen as mesmas excusas, a maís común, a de coller o pan. Tamén que só son 5 minutos, descargar algunhas mercancías, ou que xa saben que non poden parar e non pretendían ofender ou molestar. O certo é que, aínda sen querer molestar, trátase dunha acción ilegal segundo o código de circulación; e pouco ética, xa que afecta aos dereitos, neste caso, aos das persoas con discapacidade.

Con esta acción pretendemos sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre a necesidade de respectar as prazas de aparcadoiro que impiden ás persoas con discapacidade dispoñer delas, e por ende, participar autonomamente na circulación víal.

II Xornada Multideportiva Adaptada

O pasado sábado, 27 de maio, na Alameda de Pontevedra (Avda. Montero Ríos de Pontevedra), Amizade organizou a súa II Xornada Multideportiva Adaptada, dirixida a todas aquelas persoas interesadas que quixeran probar e practicar distintos deportes adaptados.

A actividade deu comezo ás 10:00 e rematou ás 14:00. Estivo xestionada pola Fundación También que contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre e que se desprazan desde Madrid nunha unidade móbil de deportes adaptados sendo o obxectivo principal o achegar a toda a poboación o deporte adaptado.

Entre outros, puidéronse probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slalom,…Deste xeito ofreceuse a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, concienciar sobre as dificultades que unha persoa con discapacidade ten para vivir no seu día a día, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, entre outras.

Esta xornada foi posible grazas á colaboración do Concello e Deputación de Pontevedra que financiaron case o completo a actividade no seu conxunto.

Amizade organiza unhaxornada Multideportiva Adaptada

O pasado 4 de xuño, na Av. Montero Ríos de Pontevedra, Amizade organizou unha xornada multideportiva adaptada para que toda aquela persoa interesada (tivera ou non discapacidade) puidera probar e practicar distintos deportes adaptados.

A actividade deu comezo ás 10:00 e rematou ás 14:00. Foi xestionada pola Fundación Tambiénque contan con ampla experiencia na inclusión social das persoas con discapacidade e o fomento de valores educativos en actividades deportivas adaptadas, de ocio e tempo libre. Desprazáronse desde Madrid nunha unidade móbil  na que transportaron todo o material recesario para cumprir o obxectivo principal de achegar a toda a poboación o deporte adaptado.

Entre outros, puidéronse probar deportes coma baloncesto, tenis de mesa, tiro con arco, bádminton, boccia, slalom,…Deste xeito ofreceuse a posibilidade de probar unha variada selección de deportes adaptados, coñecer o material deportivo adaptado, concienciar sobre as dificultades que unha persoa con discapacidade ten para vivir no seu día a día, sensibilizar sobre a necesidade de normalizar a vida das persoas con discapacidade, …

A maiores, Amizade solicitou tres handbikes á Fundación MariaJoséJove(que conta cun servizo de préstamo destas na Coruña) e que tamén estiveron a disposición das persoas interesadas en probalas.

No estado español existen máis de catro millóns de persoas con discapacidade (física, intelectual e/ou sensorial), e a maioría delas non teñen acceso á información, descoñecen as posibilidades que teñen de practicar algún deporte. Isto, unido á falta de instalacións deportivas axeitadas, impide que poidan gozar de actividades deportivas que axuden a mellorar a súa autopercepción e aumenten a súa autoestima.

 

 

Esta xornada foi posible grazas á colaboración do Concello de Pontevedra e da Deputación de Pontevedra que financiaron case o completo a actividade no seu conxunto.

Tamén colaboraron Froiz e Gadis.

Grazas a todos eles/as!!!.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies