Boletín nº 47

Xa está aquí o segundo boletín do ano!

Nesta edición atoparás os últimos movementos da entidade así como información que pode ser do teu interese.

Ademáis, en «Vidas con Capacidade» incluimos a unha persoa socia con largo percorrido na entidade e cara coñecida na cidade de Pontevedra. De seguro o seu relato non vos deixará indiferente!

Para poder ler o boletín, só tendes que premer na imaxe.

XXX Asamblea Xeral Ordinaria e XVI Asamblea Extraordinaria de Amizade

O sábado día 29 de Abril de 2023 celebrouse a XXX Asemblea Xeral da asociación Amizade, na casa rural Campaniola en Campañó.

A Xunta Directiva expuxo o traballo feito durante o exercizo do 2022, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade das socias e socios presentes.

Falouse tamén do programa de actividades para o ano 2023, destacando a continuidade das actividades e servizos prestados ata o de agora. En canto ao servizo AMISERPRE, a modificación que se traslada é que se deixará de contar coa furgoneta de préstamo debido a pouca demanda que tivo e os gastos que segue a xerar todos os anos.

Despois da aprobación da asamblea ordinaria, propúxose na asamblea extraordinaria a nova Xunta Directiva, incorporando a César Maquieira como vogal.

 

Despois da aprobación de ambas asambleas sen ningún comentario ou proposta por parte das persoas participantes, pasamos a desfrutar da comida na que máis de 40 persoas puidemos compartir as nosas experiencias e opinións mentres que desfrutabamos da música que amenizou o xantar.

Boletín nº46

 

 

 

 

 

Presentamos o boletín nº46, o primeiro do presente ano 2023.

Nesta edición atoparás información das actividades de Amizade así como novas de interese.

Ademáis, en «Vidas con Capacidade» falamos de María Soledad Domínguez, socia de Amizade dende 2009 ata o seu falecemento no 2022.

Para poder ler o boletín, só tendes que premer na imaxe.

Colaboración da Obra Social de La Caixa

Unha vez máis, a Obra Social de La Caixa presta a súa colaboración para o mantemento das actividades e servizos desenvolvidos pola asociación AMIZADE.

No ano 2022 a aportación de 5.000€ permitiu manter a prestación de servizos como o de atención logopédica ou o de fisioterapia a uns prezos reducidos para as persoas socias, así como contribuir ao financiamento doutras actividades da asociación.

AMIZADE agradece novamente, e quere poñer en valor, o compromiso continuo desta obra social coas necesidades das persoas con discapacidade.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies